De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS BAL702 en Coruxo e substitución CT 36C938 por CTC (expediente IN407 2023/079-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 20 de marzo de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2023/079-4.
Denominación: LMTS BAL702 en Coruxo e substitución CT 36C938 por CTC.
Concello: Vigo.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
CT (m2) |
1 |
Carballal |
Improdutivo |
54057A127002680000BF |
Descoñecido/a |
29,26 |