Mediante o Acordo do 17 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2023/021-3), o cal foi publicado no DOG do 17 de marzo, realizando, ao mesmo tempo, a notificación aos particulares afectados.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 21 de marzo de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2023/021-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: reforma LMT CAS805-CAS806 entre os apoios núm. D29 e núm. D34.
Termo municipal: Castrelo de Miño.
Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32023A068001500000HA.
Lugar: Fonteiriña.
Cultivo: matogueira.
Titular: descoñecido.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio D29 e 12 m2 de servidume de voo.
Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32023A068001510000HB.
Lugar: Fonteiriña.
Cultivo: Viñas.
Titular: María del Carmen Villanueva Cobelas (domicilio descoñecido).
Afeccións: ocupación de 24 m2 de servidume de voo.