Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 11 de abril de 2023 Páx. 22977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 23 de marzo de 2023, da Área Provincial de Turismo da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento TU986D (expediente RITGA-E-2022-007319).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) da resolución ditada pola directora da Axencia de Turismo de Galicia no enderezo do/da interesado/a sen que estas se puidesen realizar, notifícaselle a resolución á persoa citada no anexo, emprazándoa para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2-2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírteselle de que, de non comparecer, se lle dará por notificada.

Contra esta resolución poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de marzo de 2023

Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: vivenda de uso turístico «Piso en Malpica de Bergantiños».

Titular: Patricia Núñez Hombre.

Enderezo: Doctor Fléming, 13-4º D.

Concello: 15155 Malpica de Bergantiños.