Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22648

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2023 pola que se fai público o punto primeiro do Acordo da Xunta Electoral Central, do 16 de marzo de 2023, polo que se aproban os modelos de actas que se van utilizar nas eleccións aos órganos de goberno das entidades locais menores, convocadas polo Decreto 26/2023, do 30 de marzo.

A Xunta Electoral Central adoptou, con data do 16 de marzo de 2023, o seguinte acordo:

«Aprobar os modelos de actas que se van utilizar, nas eleccións a entidades locais menores de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 19.1.g) da Lei orgánica do réxime electoral xeral, por proposta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, as mesas electorais: de escrutinio e de sesión; e os modelos de actas que van utilizar as xuntas electorais: de constitución para o escrutinio xeral, de escrutinio, das sesións do escrutinio e de proclamación de electos».

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXOS

Acta de escrutinio da Mesa Electoral (AEM).

Acta de sesión da Mesa Electoral (ASM).

Acta de constitución da Xunta Electoral para o escrutinio xeral (ACX).

Acta de escrutinio da Xunta Electoral (AEX).

Acta da/das sesión/s do escrutinio (ASX).

Acta de proclamación (APX).

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file