Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello do Carballiño, provincia de Ourense.

Mediante o Acordo do 17 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2023/015-3), o cal foi publicado no DOG do 15 de marzo, e realizouse ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a persoa titular do predio que no anexo se relaciona para ser notificada por comparecencia, por non ser posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 21 de marzo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2023/015-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CTC e RBT O Ollal.

Termo municipal: O Carballiño.

Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32020A030000770000RF.

Lugar: Coazal.

Cultivo: prado.

Titular: Marina Ulloa González (domicilio descoñecido).

Afeccións: apoio/CT: ocupación de 29 m2 para o CTC.