Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Láncara (expediente IN407A 2022/168 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Eléctrica de Valdriz, S.A.

Domicilio social: rúa Charles Darwin, 15, baixo, 15172 Oleiros, A Coruña.

Denominación: desvío de instalacións eléctricas de media tensión afectadas polo polígono industrial A Pobra de San Xiao.

Situación: concello de Láncara.

Características técnicas principais:

– LMT aérea a 20 kV Penaboa-Moscan, con orixe no apoio existente núm. 20 existente e final no apoio núm. 21 proxectado tipo C-3000-16, cunha lonxitude de 103 metros en condutor tipo LA-56.

– LMT aérea a 20 kV Penaboa-Moscan, con orixe no apoio núm. 23 proxectado tipo C-3000-16 e final no apoio existente núm. 24, cunha lonxitude de 118 metros en condutor tipo LA-56.

– LMT soterrada a 20 kV Puebla, con orixe no apoio CTC Churrillo II existente e final no CTC proxectado (obxecto doutro expediente: 169/2022 AT), cunha lonxitude de 125 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

– LMT soterrada a 20 kV Penaboa-Moscan, con orixe no CTC proxectado (obxecto doutro expediente: 169/2022 AT) e final no apoio núm. 21 proxectado, cunha lonxitude de 55 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

– LMT soterrada a 20 kV Penaboa-Moscan, con orixe no CTC proxectado (obxecto doutro expediente: 169/2022 AT) e final no apoio núm. 23 proxectado, cunha lonxitude de 200 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

– Desmonte de catro apoios de media tensión, do CTI Aplihorsa e de varios tramos de media tensión aéreos.

– Finalidade da instalación: recuamento de instalacións.

– Orzamento: 76.353,07 euros.

– Documentación que se acompaña:

• Separata para o Concello de Láncara.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e deberase realizar a dirección de obra por técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberanse cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 8 de marzo de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo