Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20230009AL-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 9 de febreiro de 2023, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20230009AL-OU incoado ao titular do DNI 11969361T, con enderezo na rúa Ferro Couselo, nº 22-1º B, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do DNI 11969361T, con enderezo na rúa Ferro Couselo, nº 22-1º B, 32630 Xinzo de Limia (Ourense), o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 22 de marzo de 2023

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 20230009AL-OU.

DNI/NIF/CIF/NIE: 11969361T.

Último enderezo coñecido: rúa Ferro Couselo, nº 22-1º B, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852//04, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: catrocentos euros (400,00 €).