Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22488

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 27 de marzo de 2023, sobre a publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

Anúnciase a publicación da Resolución do 24 de marzo de 2023, da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (en diante, a Axencia), pola que se aproba a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas categorías profesionais.

A resolución pode consultarse no portal web corporativo da Axencia, no enderezo:

https://www.agader.xunta.gal

O prazo para presentar alegacións é de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural