Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2023, da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, polo que se someten a información pública asemade os proxectos construtivo e sectorial de incidencia supramunicipal da ampliación da central hidroeléctrica de Fecha, no río Tambre, nos concellos de Santiago de Compostela e Trazo, A Coruña (expediente 6/204/23).

Na Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico estanse a tramitar os procedementos de aprobación do proxecto construtivo, o cal deberá ser autorizado por Augas de Galicia, e o de aprobación do proxecto sectorial, que deberá ser aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e os artigos 104 e seguintes do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, sométense ao trámite de información pública os documentos titulados:

– Proxecto de construción da ampliación da central hidroeléctrica de Fecha, no río Tambre, Santiago de Compostela (A Coruña). Rev2-Xullo 2021.

– Proxecto sectorial. Proxecto de construción da ampliación da central hidroeléctrica de Fecha, no río Tambre. Rev 3-Xullo 2021.

O que se fai público para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes, persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, e que poderán presentarse por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo improrrogable dun mes, que comezará a computarse a partir da data de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio, ademais da súa inserción no mencionado boletín, será obxecto de exposición ao público no taboleiro de anuncios dos concellos de Santiago de Compostela e Trazo.

Para os expresados efectos, estará dispoñible unha copia da solicitude de autorización, así como da documentación técnica achegada polo peticionario, para que poidan ser examinadas nas dependencias administrativas de Augas de Galicia, sitas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o que deberán solicitar cita previa en calquera dos teléfonos seguintes: 981 54 39 61, 981 54 53 45 ou 981 54 54 76, así como nas dependencias dos concellos de Santiago de Compostela e Trazo e na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal (na sección denominada Participación pública).

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023

Roberto Arias Sánchez
Subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico