Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22415

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Rehabilitación Arquitectónica.

O Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011, publicado mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 11 de maio, establece o carácter oficial do título de máster universitario en Rehabilitación Arquitectónica pola Universidade da Coruña.

O plan de estudos do título de máster universitario en Rehabilitación Arquitectónica pola Universidade da Coruña foi publicado pola Resolución do 30 de abril de 2018 no BOE do 22 de maio e rectificado pola corrección de erros publicada no BOE do 27 de xuño de 2018.

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do máster universitario en Rehabilitación Arquitectónica que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) o día 8 de maio de 2022, de acordo cos artigos 32 e 33 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Rehabilitación Arquitectónica pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2022/23.

A Coruña, 16 de marzo de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Rehabilitación Arquitectónica pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4310009.

Plan de estudos que se inicia no curso 2022/23 por modificación do plan anterior.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...…

Optativas (OP)…..……….…………………

Traballo fin de máster (TFM)…….……...…

Total………………………………………….

36

18

6

60

3. Especialidades do título:

– Teoría e proxecto.

– Recursos e procesos tecnolóxicos.

É posible obter o título xenérico, é dicir, sen elixir unha das especialidades.

4. Contido do plan de estudos.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Intervención no patrimonio. Teoría e proxecto

Análise e teoría da intervención no patrimonio

OB

3

Accións e estratexias sobre a arquitectura moderna

OP

3

Historia do patrimonio arquitectónico

OP

3

Técnicas de investigación e documentación en arquitectura

OP

3

Técnicas de investigación tecnolóxica na arquitectura

OP

3

Técnicas de levantamento gráfico

OB

3

A rehabilitación a través do proxecto

OB

3

Xestión integral do proxecto de rehabilitación

OP

3

Inspección e técnicas construtivas

Inspección dos sistemas construtivos

OB

3

Inspección das estruturas

OB

3

Inspección das instalacións

OB

3

Avaliación enerxética na rehabilitación

OB

3

Patoloxía dos materiais e sistemas tradicionais

OP

3

A sostibilidade na rehabilitación

OP

3

Técnicas construtivas de intervención en rehabilitación

OB

3

Técnicas de intervención en rehabilitación de instalacións

OB

3

Patoloxía e tecnoloxía na rehabilitación

Análise estrutural de edificios históricos

OP

3

Avaliación e recalzo de cimentacións

OB

3

Patoloxía e recuperación de estruturas de formigón

OB

3

Patoloxía e recuperación de estruturas de madeira

OB

3

Patoloxía e recuperación de estruturas de fábrica

OP

3

Sistemas avanzados de reparación e reforzo de estruturas

OP

3

Prácticas

Prácticas en empresa

OP

3

Traballo fin de máster

Traballo de fin de máster

TFM

6

Optativas vinculadas á especialidade en Teoría e proxecto.

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Accións e estratexias sobre a arquitectura moderna

OP

3

Historia do patrimonio arquitectónico

OP

3

Técnicas de investigación e documentación en arquitectura

OP

3

Xestión integral do proxecto de rehabilitación

OP

3

A sostibilidade na rehabilitación

OP

3

Optativas vinculadas á especialidade en Recursos e procesos tecnolóxicos.

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Técnicas de investigación tecnolóxica na arquitectura

OP

3

Patoloxía dos materiais e sistemas tradicionais

OP

3

Análise estrutural de edificios históricos

OP

3

Patoloxía e recuperación de estruturas de fábrica

OP

3

Sistemas avanzados de reparación e reforzo de estruturas

OP

3

Para obter o título con especialidade é necesario superar o total de optativas vinculadas á especialidade correspondente e outra do resto da oferta para completar os 18 créditos optativos.

Para obter o título sen especialidade, os 18 créditos optativos pódense escoller do total da oferta de materias optativas.

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e existe un equilibrio de créditos entre cuadrimestres.

5. Condicións de terminación.

Para obter o título de máster universitario en Rehabilitación Arquitectónica pola Universidade da Coruña é necesario superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2.