Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 13 do Plan xeral de ordenación municipal para a redefinición da ordenación no camiño de Baltar e na rúa Virxe do Carme, no concello de Sanxenxo (expediente 2023AAE2759).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 17 de marzo de 2023, sobre a modificación puntual núm.13 do Plan xeral de ordenación municipal para a redefinición da ordenación no camiño de Baltar e na rúa Virxe do Carme, no concello de Sanxenxo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2571/2023.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático