Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22154

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2023 pola cal se publica o plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría Ambiental.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 18.10.2022 (publicado no BOE do 28 de outubro, pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 21.10.2022).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría Ambiental pola Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Enxeñaría Ambiental
pola Universidade de Santiago de Compostela (3ª ed.)

Código RUCT: 4318113.

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

34,5

Optativas

31,5

Prácticas externas OB

6

Traballo fin de máster

18

Créditos totais

90

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Procesos ambientais e economía circular

Obrigatoria

4,5

Bases

(deben cursarse 3 materias optativas)

Calidade de augas

Optativa

4,5

Solos e medio ambiente

Optativa

4,5

Medio ambiente atmosférico

Optativa

4,5

Ecotoxicoloxía

Optativa

4,5

Proxectos de enxeñaría ambiental

Optativa

4,5

Modelización ambiental

Optativa

4,5

Sistemas de xestión e avaliación do impacto ambiental

Obrigatoria

4,5

Xestión ambiental

(debe cursarse 1 materia optativa)

Deseño ecolóxico de procesos e produtos

Obrigatoria

4,5

Tecnoloxías limpas

Optativa

3

Aplicación do SIX na análise territorial

Optativa

3

Enxeñaría para o tratamento de augas

Obrigatoria

4,5

Tecnoloxías sustentables

(deben cursarse 2 materias optativas)

Tecnoloxías de tratamento de residuos

Obrigatoria

4,5

Experimentación en enxeñaría ambiental

Obrigatoria

3

Instrumentación e monitorización ambiental

Obrigatoria

3

Simulación e deseño avanzado de EDAR

Optativa

3

Tecnoloxías de tratamento de solos contaminados

Optativa

3

Experimentación en solos e residuos

Optativa

3

Creación e xestión de empresas

Obrigatoria

3

Emprendemento e gobernanza

(debe cursarse 1 materia optativa)

Habilidades de dirección

Obrigatoria

3

Gobernanza ambiental, institucións e RSC

Optativa

3

Dereito ambiental

Optativa

3

Traballo fin de máster

Obrigatoria

18

Aplicación e innovación

(deben cursarse 2 materias optativas)

Prácticas externas

Obrigatoria

6

Retos emerxentes no tratamento de augas

Optativa

3

Tratamento de efluentes gasosos

Optativa

3

Análise e minaría de datos ambientais

Optativa

3

Xestión de sistemas naturais

Optativa

3

Deben cursarse os créditos optativos de cada módulo conforme o indicado na memoria do título.