Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Defensa do Monte, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación e a formalización das actas de ocupación ao non poderse efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a construción dunha base de medios aéreos transfronteiriza, no marco do proxecto Interlumes, incluído no Programa de cooperación transfronteiriza Interreg V-A España-Portugal (POCTEP), nos concellos de Verín e Oímbra.

En virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non poderse efectuar as correspondentes notificacións individuais, tal e como se establece no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, mediante este anuncio notifícase ás persoas que figuran no anexo o sinalamento das datas para o levantamento das actas previas de ocupación e para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados pola construción dunha base de medios aéreos transfronteiriza no marco do proxecto Interlumes, nos termos municipais de Verín e Oímbra.

No Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo de 2023 publicouse a Orde do 20 de marzo de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba definitivamente o proxecto de construción dunha base de medios aéreos nos concellos de Verín e Oímbra e se declara a súa utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola dita construción.

De acordo co disposto nesta orde e en cumprimento do establecido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, e concordantes do seu regulamento, a Dirección Xeral de Defensa do Monte resolveu sinalar a data para o levantamento das actas previas á ocupación e a data para a formalización das actas de ocupación do expediente de referencia. Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia o día 28 de marzo de 2023.

En consecuencia, convócase como titular do predio de referencia no anexo para:

Acto: levantamento de acta previa.

Lugar: sede da Eurocidade Chaves-Verín (Edificio Antiga Aduana, avenida de Portugal, s/n, Feces de Abaixo, 32699 Verín, Ourense).

Data e hora: a que figura no anexo.

Sen prexuízo de trasladarse ao lugar do terreo, se se considera necesario, co fin de recoller os datos para a valoración dos bens ou dos dereitos afectados.

Ao dito acto deberá acudir persoalmente, como persoa titular afectada, ou ben representada por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade (e, se for o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como o certificado bancario con código IBAN e BIC co número de conta en que figuren conxuntamente como titulares todas as persoas propietarias do predio expropiado, co fin de proceder ao pagamento ou pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria; e poderá facerse acompañar pola súa conta, se o considera oportuno, de perito e notario.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Defensa do Monte resolveu sinalar a data para proceder á formalización das actas de ocupación do expediente expropiatorio:

Acto: formalización de acta de ocupación.

Lugar: Sede da Eurocidade Chaves-Verín (Edificio Antiga Aduana, avenida de Portugal, s/n, Feces de Abaixo, 32699 Verín, Ourense).

Data: 25.4.2023, das 11.00 ás 12.00 horas.

O pagamento do importe do depósito previo pola expropiación realizarase, con carácter previo ao levantamento da citada acta, mediante transferencia bancaria ás persoas que figuren como propietarias do/dos predio/s e bens ou dereitos, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957. O dito importe consignarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa, nos seguintes casos:

• Que non quedase acreditada a titularidade do predio.

• Que non se achegase a documentación requirida para o pagamento do depósito previo.

Ao dito acto deberán acudir os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado co seu DNI. En caso de representación, acreditarase mediante poder outorgado ante notario, xa sexa un poder xeral ou específico para este acto.

No suposto de cambio na titularidade do predio que figura na acta previa, deberán achegar a documentación que acredite a dita transmisión e o DNI do novo titular. Cando a transmisión derive da sucesión por falecemento, nos dereitos derivados do expediente expropiatorio deberán achegar orixinal ou copia cotexada de:

• Certificado de defunción.

• Certificado de últimas vontades.

• Testamento ou, na súa falta, declaración de herdeiros (fotocopia).

• Escrituras de partición da herdanza, de terse realizado, coa cota e identificación do predio expropiado.

• DNI de todos os herdeiros.

No mesmo acto ofertaranse ás persoas propietarias as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios, en concepto de mutuo acordo.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2023

Manuel Rodríguez Vázquez
Director xeral de Defensa do Monte

ANEXO

Núm. orde

Concello

Parcela

Superficie (m2)

Titular

Ref. cat.

Polígono

Día APO

Hora APO

14

Verín

1580

2.334

Lorenzo Yáñez, Dolores
Lorenzo Yáñez, Isabel

-----------------------

----------

17.4.2023

12.30

18

Verín

1540

2.522

Taboada Domínguez, Benita

-----------------------

----------

17.4.2023

12.30

49

Verín

254

2.570

Dosantos Feijoo, José
Rodríguez Ares, Josefa

32086A50400254

504

18.4.2023

11.00

54

Verín

249

1.105

Salgueiro Estévez, Teresa

32086A50400249

504

18.4.2023

11.00

55

Oímbra

250

1.120

Alonso Arias, José

32054A50400250

504

18.4.2023

12.00

62

Oímbra

267

45

Fernández Yáñez, Elisa
González Rodríguez, Ernesto

32054A50400267

504

18.4.2023

13.00