Expediente: IN407A 2023/004-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LAT 132 kV San Marcos-Sabón: substitución do apoio 15.
Situación: concellos de Culleredo e A Coruña.
1. Características técnicas:
– Modificación, respectando o seu actual trazado, do treito da liña LAT 132 kV subestación San Marcos-subestación Sabón de 750,23 metros de lonxitude en condutor tipo LARL-180 comprendido entre os seus apoios nº 14 e nº 16, rexistrado no expediente IN407A 2016/2936-1, consistente na substitución do apoio nº 15 (matrícula: 92018811) metálico tipo celosía AL-AM-K/CS-120-132-IV, polo novo apoio metálico tipo celosía AL-AM-AGRI-CAPA-9000/23/CS-120-132-IV, que pasará a ser identificado como apoio nº 15N e que se desprazará nove (9) metros cara ao apoio nº 14 existente respecto do emprazamento actual do apoio nº 15.
– Esta operación implicará a demolición da cimentación existente do actual apoio nº 15, o recheo da cepa que se vai retirar e a construción dunha nova cimentación para o apoio nº 15N proxectado, a retirada provisional do condutor tipo LARL-180 e da fibra óptica tipo AUT-24 e tipo OPGW no treito da liña comprendido entre os seus apoios nº 14 e nº 16, para proceder á súa posterior reinstalación, así como ao regulado dos diferentes condutores entre o apoio nº 12 e o apoio nº 16 unha vez instalado o apoio proxectado.
– Instalación de posta a terra mediante anel pechado arredor do novo apoio nº 15N proxectado.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A Coruña, 13 de marzo de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
LAT 132 kV San Marcos-Sabón: substitución do apoio 15
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Culleredo
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza |
||
Nº do apoio |
Superficie (m²) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m²) |
|||||
1 |
Antonio Rumbo Doldán Carmen Rumbo Doldán Herdeiros de Manuel Rumbo Doldán |
Polígono 9, parcela 286 |
Román |
Novo apoio 15N |
47 |
Matogueira |