Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 22013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 59/2023.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 53/2023, interposto por Mª Isabel Yllanes López e Mª Raquel Salvador Díaz, contra a Resolución reitoral do 1 de decembro de 2022 pola que se convoca proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema selectivo de concurso, para ingresar en diferentes escalas e subescalas para a estabilización de emprego temporal do persoal de administración e servizos, publicada no DOG do 16 de decembro, en relación coa valoración dos servizos prestados.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 20 de marzo de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo