Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21812

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 24 de marzo de 2023 pola que se dispón o nomeamento dun vogal titular e dun vogal suplente no Consello Reitor da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

O Consello Reitor é o órgano superior colexiado de dirección da entidade pública empresarial Portos de Galicia, tal como determina o artigo 13 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia. A súa disposición transitoria novena, engadida polo artigo 17 da Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, dispón que, mentres non se estableza regulamentariamente o número de vogais do Consello Reitor, a composición do dito órgano e o réxime de substitucións serán os establecidos nos artigos 10 e 11 do Regulamento de Portos de Galicia, aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo, e que o nomeamento dos vogais o realizará a persoa titular da consellería competente en materia de portos, conforme dispón o artigo 13.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro.

Polo exposto, de acordo co sinalado no número 4 do artigo 10 do Regulamento de Portos de Galicia, de conformidade coa proposta da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña, e no exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

Primeiro. O nomeamento de Manuel Daniel Formoso Moledo como vogal titular no Consello Reitor da entidade pública empresarial Portos de Galicia, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña.

Segundo. O nomeamento de José Antonio Neira Martiño como vogal suplente no Consello Reitor da entidade pública empresarial Portos de Galicia, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar