Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a proposta de corrección gráfica da representación do monte Toire nas parroquias de Benade e Santa María de Muxa, no concello de Lugo (expediente 2022_313).

O día 8.6.2022, a comunidade de Benade, propietaria do monte veciñal en man común (MVMC) Cruz e Toire, presentou unha solicitude para que se leve a cabo a corrección de erro na representación gráfica da peza de monte denominado Toire, que non se corresponde coa descrición recollida na carpeta ficha do expediente de clasificación. A dita descrición especifica que Toire, cunha superficie de 2 hectáreas, está situado no suroeste da parroquia de Benade e vén definido como unha continuidade do mesmo monte da parroquia de Santa María de Muxa.

Tendo en conta o anterior, a corrección solicitada tamén afecta o MVMC Xartego, do Medio, Cerro, Guimarei, Outeiro e Toire, de Santa María de Muxa, cuxa comunidade propietaria non está constituída.

O anexo I, ao final deste anuncio, recolle a representación gráfica da corrección proposta.

Mediante este anuncio, ábrese un prazo de 15 días de audiencia aos interesados, no que poderán alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Para os efectos de coñecer integramente o contido da proposta, durante este prazo, a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte Toire, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o devandito acordo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 17 de marzo de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO I

missing image file