Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lle notifica aos interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do modificado do proxecto da LAT 132 kV D.C. subestación Ludrio-subestación San Cibrao e modificación da entrada na subestación de Ludrio da LAT 132 kV S.C. subestación Ludrio-subestación Meira (expediente IN407A 2019/25 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ben que, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Ademáis, infórmase de que o proxecto correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º, baixo (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía, todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias poderán facelo cita previa obtida no teléfono 982 29 46 63.

Lugo, 16 de marzo de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/25 AT.

Denominación: modificado do proxecto da LAT 132 kV D.C. subestación Ludrio-subestación San Cibrao e modificación da entrada na subestación de Ludrio da LAT 132 kV S.C. subestación Ludrio-subestación Meira.

Situación: concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo (Lugo).

Parcela

Ref. catastral

polígono nº

Ref. catastral parcela nº

Lugar

Concello

Propietario

Tipo cultivo

Afección apoio

Afección voo

Accesos

Sup.

ocupada (m2)

Lonxitude (m)

Sup. afectada (m²)

Lonxitude (m)

Sup. afectada

(m²)

7

13

71

Carballo

Castro de Rei

En investigación artigo 47 da Lei 33/2003

MA

4, 5 (1/2) e 6

180

423

12.603

275

809

7

13

71

Carballo

Castro de Rei

En investigación artigo 47 da Lei 33/2003

PR

5 (1/2)

36

135

2.724

103

410

146

427

276

Bosque

Lugo

Clementina Pena Mouriz

MA

56

1.681

154

427

313

Chousa de Regas

Lugo

Herdeiros de José Permuy Fernández

MA

61

72

65

1.895

72

111

154

427

313

Chousa de Regas

Lugo

Herdeiros de José Permuy Fernández

MB

17

272

22

67