Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2023/051-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS VAA708, CTC Morgadáns.

Situación: Gondomar.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS), a 20 kV, con condutor RHZ1, de 38 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9W106MVH//36-22 da liña de media tensión aérea (LMTA) VAA7080695, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación (CT) compacto, a 400 kVA, con RT de 20 kV/400 V, situado nas parcelas con referencias catastrais 2326582NG2622N0001QR e 2326581NG2622N0001GR, no lugar de San Roque. Retirada do centro de transformación intemperie Morgadáns (36A744). A instalación está situada no lugar de San Roque, parroquia de Morgadáns, no municipio de Gondomar (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 8 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/051-4.

Denominación: LMTS VAA708, CTC Morgadanes.

Concello: Gondomar.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

(m2)

Afeccións

ml sub

m2 sub

1

Gondomar

Rústico

2326582NG2622N0001QR

Jaime Alonso González

8,41

1,47

13,21

2

Gondomar

Rústico

2326581NG2622N0001GR

Jaime Alonso González

8,40

1,42

2,45