Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2023/031-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: svenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825.

Situación: lugares de Santa Uxía e Vilariño, concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.

Características principais recollidas no proxecto:

• Peche PRS801 con PRS811: LMT aérea, a 20 kV, de 924 m de lonxitude, en condutor LA-110, con orixe no apoio núm. D52 proxectado de celosía metálica, do tipo C-18/3000 da LMTA existente DC PRS801, e remate no apoio existente núm. 24-33 existente, do tipo HV, da LMTA VLL811.

• Instalación dun interruptor telecontrolado no apoio proxectado número 59 de celosía metálica, do tipo C-18/3000, para instalar en substitución do apoio existente da LMTA existente DC VLL810-VLL825; instalación de 109 m do condutor existente de tipo LA-110 en substitución do existente; desmontaxe do seccionador XS existente con matrícula 32HR96.

• Substitución do CT existente denominado Peroxa Vella-32CGD1, instalando no seu lugar un novo CT proxectado, prefabricado compacto de manobra exterior, 2L+1P, de 250 kVA de potencia aparente e r/t 20.000/400 V.

• Peche PRS811 e VLL810: LMT subterránea, a 20 kV, de 1.011 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, con orixe no CT proxectado anterior e remate na cela de liña número 1 (reserva) do CT existente As Paraxas-32CGF5.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do COEIG, o 27.9.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación se poderá examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 2 de marzo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/031-3.

Concellos: A Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.

Denominación da instalación: peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825.

Predios

Propietarios

Afección

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Referencia catastral

Apoio ou CTC

Servidume de voo

Sup.

ocupada m2

Lonx.

m

Sup. afect. m2

Concello: Nogueira de Ramuín

2

Sequeiro

Monte alto

Concepción Soto Santorum

32053A018007520000IA

381

3

Cortiña

Monte alto

Manuel Vilanova Marica

32053A018007460000IU

21

263

5

Sequeiro

Monte alto

Manuel Pereira Rodríguez

32053A018007490000IA

19

391

Concello: A Peroxa

8

Bodega

Monte alto

Antonio Fernández Rodríguez

32060A068007280000QP

8

125

11

A Bodega

Monte alto

María del Carmen Rodríguez Fernández

32060A068002600000QO

34

14

Forniño

Monte alto

Emilia Iglesias Moure

32060A068002640000QX

4

62

23

Monte da Mariña

Monte alto

Antonio Tabuada Fernández

32060A069000390000QM

35

26

Alpuxarras

Monte alto

José Artemio Iglesias Amorín

Valvina González Rodríguez

Emilia González Rodríguez

Asier González Rodríguez

María del Pilar González Rodríguez

32060A069000620000QA

5

1

52

828

28

Bouciña

Monte alto

Hros. de Jesús Gómez Rodríguez

32060A069001010000QL

69

1.061

29

Bouciña

Monte alto

María del Carmen Sáez Sánchez

32060A069001030000QF

2

82

31

Monte Bouzo

Monte alto

Descoñecido

32060A069003080000QZ

8

126

35

Bouza

Monte alto

Ana Fernández Iglésias

32060A069003040000QI

4

71

Concello: O Pereiro de Aguiar

36

Granxa

Monte alto

Josefa Pérez

32059A007003530000OX

D59

2