Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan ás partes interesadas no recurso contencioso–administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co procedemento ordinario 435/2022.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 435/2022 (procedemento ordinario), interposto por Basilio Fraga Rivas contra:

– A desestimación presunta do recurso de reposición, presentado o día 12 de agosto de 2022, contra a Resolución do 4 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 134, do 14 de xullo), relativa á publicación da plantilla definitiva de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021.

– A Resolución do 21 de setembro de 2022 (DOG núm. 186, do 29 de setembro) da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos