Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos que se tramitan na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, cos procedementos ordinarios 84/2023, 85/2023, 86/2023 e 88/2023.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítanse os recursos 84/2023, 85/2023, 86/2023 e 88/2023 (procedementos ordinarios), interpostos por Aquilina Ramírez Santos, Samer Amhaz Escanlar, Ángela Iglesias Márques e Juan Carlos Ferreiros Fernández, respectivamente, contra:

– Resolución do 25 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican os novos requisitos e se inicia un novo prazo para acceder ao grao inicial de carreira profesional, convócase o procedemento ordinario de acceso aos graos I a IV correspondente ao ano 2022 e tramítase un procedemento extraordinario de acceso ao grao I dirixido ao persoal estatutario temporal, publicada no DOG núm. 231, do 5 de decembro de 2022.

– Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo da Mesa Sectorial do 28 de outubro de 2022 sobre as futuras convocatorias de acceso aos graos de carreira profesional, publicado no DOG núm. 231, do 5 de decembro de 2022.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos