Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2023 Páx. 21789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de xaneiro de 2023, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Mariscos Campelo, S.A. de concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario de Campelo en superficie e do edificio 13.15.EDF001 (caseta de bombas) e instalación de tubaxes para o desenvolvemento da actividade de captación e vertedura de auga salgada para a subministración de depuradora de mariscos (expediente 13-15-18-C1).

Marisco Campelo, S.A. solicita a concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario de Campelo en superficie e do edificio 13.15.EDF001 (caseta de bombas) e instalación de tubaxes para o desenvolvemento da actividade de captación e vertedura de auga salgada para a subministración de depuradora de mariscos.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2023

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia