Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2022/372-1).

Expediente: IN407A 2022/372-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, SA.

Denominación: LMTS, CTC e RBT lugar de Seixas, s/n.

Situación: Carballo.

1. Características técnicas:

– Desconexión e desmonte (peche e desmantelamento) do CT tipo intemperie Moucho Puñal (expediente 26.777/matrícula: 15ACQ3) de 160 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, instalado no apoio nº C13-12-12-CT (matrícula: A25G2WEQ) de formigón tipo HVH-1600/13 pertencente á arquitectura da liña CBL-701B, sito no lugar das Casas Novas, Seixas (concello de Carballo).

– Modificación proxectada no apoio nº C13-12-12-CT (matrícula: A25G2WEQ) anterior, consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S).

– En substitución do CT Moucho Puñal intemperie, proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P con illamento e corte en SF6, dotado de equipamento de telecontrol e telexestión, con cadro de baixa tensión con catro (4) saídas, que se vai instalar na parcela con referencia catastral 8750201NH2855S0001AI sita no lugar das Casas Novas, Seixas (concello de Carballo).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 44 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 x 240 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) instalado no apoio nº C13-12-12-CT e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión alimentada actualmente desde o CT Moucho Puñal (expediente 26.777/matrícula: 15ACQ3) que se vai desmantelar, mediante a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1 x 240 mm2 Al), S1, de 93 metros de lonxitude, coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados no novo apoio de formigón tipo HV-630/11 e no apoio existente de formigón tipo HV-630/9 en que se conectará coa rede aérea de baixa tensión existente e S2, de 20 metros de lonxitude, coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se vai instalar no apoio existente de formigón tipo HV-160/9 e remate na CPM dun solicitante de subministración de enerxía eléctrica e na desmontaxe de 60 metros da rede aérea de baixa tensión en condutor tipo RZ 3(1 × 95/54,6 mm2 Al/Alm) coa orixe no CT Moucho Puñal que se vai desmantelar e remate nos apoios existentes de formigón tipo HV-630/11 (para retirar) e HV-630/9.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 7 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMTS, CTC e RBT lugar de Seixas, s/n

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Carballo

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

María Aurora

Cornide Cameán

8750201NH2855S0001AI

As Casas Novas

CT e acceso

22,59

Urbano.

Solo sen edificar