Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21430

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO da aprobación definitiva do Convenio entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o Concello de Cuntis e a sociedade mercantil estatal Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., S.M.E., para a execución do polígono 1 do Plan de sectorización do parque empresarial A Ran.

Negociado e subscrito o convenio polo alcalde do Concello de Cuntis, o 11.10.2022, polo presidente da SEA, o 15.10.2022, e polo delegado especial do Estado na CZFV, o 17.10.2022, na sesión extraordinaria do Pleno, que tivo lugar o 2 de marzo de 2023, aprobouse o texto definitivo do convenio subscrito co Consorcio da Zona Franca de Vigo e coa sociedade mercantil estatal Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., S.M.E.

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados.

Cuntis, 24 de marzo de 2023

Manuel Campos Velay
Alcalde