Retegal é unha sociedade mercantil pública autonómica, pertencente ao sector público autonómico e adscrita á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, de conformidade co Decreto 252/2011, do 15 de decembro, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).
O 21 de marzo de 2023, o tribunal de selección nomeado para a cobertura do posto de dirección técnica da sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. propuxo como candidato seleccionado a Joaquín Sánchez Rodríguez.
O 21 de marzo de 2023, o Consello de Administración, con base no disposto no punto nove das bases reguladoras da convocatoria de selección, acordou nomear como director técnico de Retegal a Joaquín Sánchez Rodríguez.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023
Julián Cerviño Iglesia
Presidente do Consello de Administración
de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.