Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21224

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado que seleccionará, analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2021/22.

A Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 7 de marzo de 2023, pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22 (Diario Oficial de Galicia núm. 55, do 20 de marzo), establece no seu artigo 11 que, para a selección, análise e valoración das solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará un xurado de selección composto por un presidente ou unha presidenta e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de Educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 11 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 7 de marzo de 2023,

RESOLVO:

Designar os membros do xurado de selección que deberá seleccionar, analizar e valorar as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2021/22 e facer pública a súa composición, que é a que figura a seguir:

– Titulares:

Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo, por delegación da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Vogais:

Jesús Manuel Rodríguez Buján, subdirector xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional.

Mónica García Constenla, xefa do Servizo de Programación da Formación Profesional.

Manuel Guerra Fernández, inspector de Educación.

– Suplentes:

Presidenta: Cristina Lesta Íñiguez, subdirectora xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo.

Vogais:

José Antonio Jardón Bahía, xefe do servizo de Xestión da Formación Profesional.

José Antonio Fernández García, xefe do servizo de Cualificacións e Acreditación de Competencias Profesionais.

Jorge Eduardo Regueiro Tato, xefe do servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa