Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0337/2021-TRA e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0337/2021-TRA e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

A Coruña, 17 de marzo de 2023

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0337/2021-TRA

47402587R

Resolución

Alcalde Ribadavia, 1, 2º B, Meicende, 15142 Arteixo (A Coruña)

PSC-CO-0394/2022-PPM

32804941H

Resolución

Avenida María Pita, 37, 1º, Cabreira, 15177 Oleiros (A Coruña)

PSC-CO-0395/2022-PPM

32840528R

Resolución

R/ Comba, 3, 3º esqda., Dorneda, 15179 Oleiros (A Coruña)

PSC-CO-0409/2022-PRE

00404834B

Resolución

Avenida Ordoño II, nº 17, 9º, 2, 24001 León

PSC-CO-0419/2022-V

76779647N

Resolución

R/ Robustiano Pérez del Río, 16, 3º dta., 15930 Boiro (A Coruña)

PSC-CO-0422/2022-PPM

52937889P

Resolución

Outeiro de Artes, bloque 2A, baixo A, Artes, 15969 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0430/2022-PPM

53487936X

Resolución

Praza de España, 3, 6º B, 15960 Ribeira (A Coruña)