Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2023 Páx. 21426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de marzo de 2023 pola que se notifica a incoación do expediente de reclamación patrimonial con referencia 14/22.

O 14 de abril de 2022 formúlase a reclamación patrimonial presentada por Mayra Fernanda Ortiz Rincón por danos sufridos como consecuencia dunha caída no porto de Portonovo, indicando expresamente como domicilio para os efectos de notificación a rúa San Xosé, número 1, 1º D, 36206 Vigo (Pontevedra).

O 14 de decembro de 2022 acórdase o inicio de expediente de reclamación patrimonial con referencia 14/22 e intentada a notificación deste acordo no domicilio de notificación antes indicado, segundo o servizo de Correos e Telégrafos, S.A. comunícase «ausente de reparto».

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), notifícase ao reclamante cuxo domicilio para efectos de notificación é rúa San Xosé, número 1, 1º D, 36206 Vigo (Pontevedra), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio de reclamación patrimonial con referencia RP 14/22.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Á vista de que estamos ante unha reclamación iniciada por instancia do interesado, de acordo co artigo 65.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en materia de responsabilidade patrimonial, requíreselle para que no prazo de 10 días hábiles envíe documentación relativa ao expediente de referencia.

Así mesmo, de acordo co artigo 66.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de non remitir os documentos solicitados considerarase desistido da súa petición, que se arquivará sen máis trámite, cos efectos previstos no artigo 21.1 da mesma lei.

O expediente completo atópase nas dependencias dos Servicios Centrais de Portos de Galicia, onde poderá ser examinado, das 9.00 ás 14.00 horas, en días hábiles, excluídos sábados, domingos e festivos.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia