Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 20983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2022/138 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle (Ourense).

Denominación: regulamentación da LMTA SAR806 no tramo entre os apoios nº 39B-27 e nº 39B-40 (Sarria).

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

• Liña de media tensión aérea de 20 kV SAR806 (expediente 2601 AT) coa orixe no apoio proxectado nº 39B-31 e final no apoio proxectado nº 39B-33, cunha lonxitude de 229 metros de condutor proxectado tipo LA-56, substitúense os apoios existentes de formigón núms. 39B-33, 39B-32 e 39B-31 por tres apoios novos de celosía tipo C-14/1000, C-14/2000 e C-14/2000 respectivamente, substitúese tamén 43 metros de condutor entre os apoios 39B-32 e 39B-32-CT.

• Desmóntanse os elementos de manobra con matrícula XS 27HC13 e XS 27HC14, e instálanse XS no seu lugar.

Finalidade da instalación: regulamentación de instalacións.

Orzamento: 16.397,68 €.

Documentación que se acompaña:

• Separata para o Concello de Sarria.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

• Separata para Telefónica.

• Separata para a Consellería de Cultura.

• Separata para o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución. A dirección de obra será realizada por técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente o seu dereito.

Lugo, 7 de marzo de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo