Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 21035

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de notificación da orde de realización de traballos de xestión da biomasa.

De acordo co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se poida efectuar, esta farase mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do Concello, e conterá os datos catastrais da parcela.

As persoas responsables dispoñen dun prazo de quince días naturais para a realización dos traballos de xestión da biomasa nas parcelas indicadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde ao seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Negociado de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, sito na praza de Armas, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o órgano que a ditou, nun prazo dun mes, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación, na forma prevista no artigo 46 da Lei 29/1988, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Referencia/nº de expediente

Referencia catastral

Acto notificado

Interesado/a

INC 1/2022/1167

2022006103

15037A50104217

Resolución do 1.3.2023

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

INC 9/2022/761

2022009756

15037A01600296

Resolución do 18.1.2023

32470183W (herdeiros)

Ferrol, 8 de marzo de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 8.7.2019, BOP núm. 137, do 22 de xullo)
Ana Lamas Villar
Concelleira delegada da Área de Servizos, Obras,
Medio Ambiente, Zona Rural e Participación Cidadá