Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 21002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A (expediente 2022/5486-1 e once máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atenderen ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se considerarán desistidas da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 3 de febreiro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2022/5486-1

32339791C

Requirimento de emenda da solicitude

16.11.2022

2022/5444-1

32837341B

Requirimento de emenda da solicitude

5.12.2022

2022/6702-1

32752318L

Requirimento de emenda da solicitude

21.12.2022

2022/5491-1

14387876L

Requirimento de emenda da solicitude

5.12.2022

2022/5139-1

76531447M

Requirimento de emenda da solicitude

15.11.2022

2022/5302-1

49470986X

Requirimento de emenda da solicitude

3.1.2023

2022/5477-1

33573683P

Requirimento de emenda da solicitude

19.12.2022

2022/5905-1

34888828J

Requirimento de emenda da solicitude

15.12.2022

2022/5989-1

Encarnación de Oleo, Richar Gilberto

Requirimento de emenda da solicitude

22.12.2022

2022/6046-1

33688417H

Requirimento de emenda da solicitude

19.12.2022

2022/6003-1

32973978M

Requirimento de emenda da solicitude

19.12.2022

2022/6646-1

74827362J

Requirimento de emenda da solicitude

19.12.2022