Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 21008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican actos administrativos ditados no expediente 2022/170/27.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para notificarlles os actos administrativos ditados no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figura no dito anexo.

O expediente está á disposición das ditas persoas interesadas ou da persoa que as represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Xuventude, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non o faceren, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que o acto de resolución poderá ser impugnado ante o Xulgado de Primeira Instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, efectuada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social e Xuventude, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Así mesmo, advírteselles que desde o día seguinte ao da notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, efectuada por comparecencia, terán dez (10) días hábiles para presentaren as alegacións, suxestións e/ou documentación que xulguen procedente.

Lugo, 28 de febreiro de 2023

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2022/170/27.

Persoas interesadas: Fouziya Benfriha e Abdelkader Moujniba.

Actos administrativos que se notifican:

– Resolución de establecemento urxente de medida administrativa do 15 de novembro de 2022.

– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 15 de novembro de 2022.