Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 20931

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol da Asociación Sociocultural ASCM.

De conformidade co disposto pola disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 (DOG núm. 208, do 31 de outubro), pola que se regulan a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol da Asociación Sociocultural ASCM.

Ferrol, 20 de marzo de 2023

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol