Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2023 Páx. 20958

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 13 de marzo de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, polo que se publica a resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de xefe/a do Servizo de Atención Primaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do sistema público de saúde de Galicia, a xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, mediante procedemento de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa normativa vixente sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse á Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, sito no Hospital Clínico, na travesía da Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios dos puntos de atención ao traballador (PAT) da Dirección Xeral de Recursos Humanos e na intranet da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2023

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Melide.

Número de prazas: unha (1).

Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo da categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no Servizo de Atención Primaria de Melide, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

Procedemento de provisión: libre designación.

Institución: Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Rianxo.

Número de prazas: unha (1).

Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo da categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no Servizo de Atención Primaria de Rianxo, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

Procedemento de provisión: libre designación.

Institución: Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.