Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2023/023-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: regulamentación LMT VLG806 apoios 9NUVEAF8//27 e 9NVMTC6K//26.

Situación: O Grove.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS), a 20 kV, con condutor RHZ1, de 520 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C 14/2000-H35-CA/CS, mediante un paso aéreo subterráneo, e final na rede de media tensión subterránea existente cara ao centro de seccionamento 36CSH7 Porto Meloxo. Retensado do van contiguo ao apoio proxectado. A instalación está situada en Porto Meloxo, no municipio do Grove (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 6 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/023-4.

Denominación: regulamentación LMT VLG806 apoios 9NUVEAF8//27 e 9NVMTC6K//26.

Concello: O Grove.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Sartan

Labor

36022A006000920000EI

Descoñecido/a

2,00

1,64

3,31