Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20689

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), con corrección de erros no DOG núm. 229, do 2 de decembro; unha vez acreditado ou cumprimento dos requisitos exixidos nestas por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

A este respecto, e de acordo co artigo 54.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, acórdase alterar a orde de prelación para a elección das prazas no número de postos necesarios para que o destino obtido sexa para a persoa aspirante e o ámbito territorial da cidade seguinte: Paula Fernández González (Pontevedra).

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública, funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestaren servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán de manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, a que deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.

A este respecto e tendo en conta que varios postos dos ofertados nesta elección de destino requiren a posesión de requisitos indispensables para a súa cobertura, as persoas que soliciten estes postos deberán presentar, no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro e segundo a forma prevista no parágrafo sexto, a documentación orixinal que acredite a posesión destes requisitos.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado; ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para seren declaradas en excedencia; ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública, funcionpublica.xunta.gal

Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº de orde elección

Nº de orde do proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Acceso

1

2

***6149**

Pérez Pérez, Concepción

Promoción interna

2

4

***1888**

López Toimil, Pilar

Promoción interna

3

5

***3689**

López Rodríguez, Ana María

Promoción interna

4

6

***8369**

Bouza Sánchez, Eva María

Promoción interna

5

7

***4115**

Portela Lozano, María del Mar

Promoción interna

6

8

***1979**

Paz Couceiro, Marta María

Promoción interna

7

9

***1283**

Otero Fernández, María Margarita

Promoción interna

8

16

***9770**

Calviño Ruso, Carmen María

Promoción interna

9

18

***2745**

Teijeiro Permuy, María Aránzazu

Promoción interna

10

21

***8681**

Otero Romero, Alfonso Rafael

Promoción interna

11

22

***2156**

Álvarez Suárez, Lorena

Promoción interna

12

24

***0198**

Lenzos Batalla, Alicia

Promoción interna

13

1

***3310**

Rey Eiriz, Ana

Libre

14

3

***3224**

Raño Ouviña, Juan Diego

Libre

15

10

***8378**

Prieto Ramos, María Elena

Libre

16

11

***1476**

Reiriz Martínez, Irina

Libre

17

12

***2688**

Arias Parada, Susana

Libre

18

13

***0284**

Viade Arias, María del Rosario

Libre

19

14

***1587**

Andrés Alonso, María Beatriz

Libre

20

15

***4809**

Alonso Martínez, Gonzalo

Libre

21

17

***3226**

Martínez Estévez, Ana

Libre

22

19

***9350**

Ares Ansareo, Nuria

Libre

23

20

***3676**

Diéguez Teijeiro, Emma

Libre

24

23

***6458**

Alonso Diéguez, Evangelina

Libre

25

25

***9820**

Fernández González, Paula

Libre

26

26

***6394**

Lamas Tizón, Ana Esther

Libre

27

27

***4577**

Barreiro Castro, María José

Libre

28

28

***4887**

Muíña Pérez, Reyes

Libre

29

29

***2636**

Ónega Folgueira, María José

Libre

30

30

***1936**

Estévez Diéguez, Ermitas

Libre

31

31

***2364**

Ferro Magariños, Rocío

Libre

32

32

***6507**

López González, María Begoña

Libre

33

33

***0096**

Díaz Varela, Marta Mercedes

Libre

34

34

***2954**

Braña Álvarez, María del Carmen

Libre

35

35

***0052**

Gabín Rial, Vanesa

Libre

36

36

***2542**

Gey Lorenzo, Eva

Libre

37

37

***2061**

Torres López, María Isabel

Libre

38

38

***5456**

Rodríguez Enríquez, Mónica

Libre

39

39

***8075**

Fernández Moraleda, Bárbara

Libre

40

40

***8410**

Ordóñez Ozores, María Lorena

Libre

41

41

***3567**

Enríquez Fernández, Raquel

Libre

42

42

***3874**

Maure Pérez, Patricia

Libre

43

43

***4103**

López Ares, Lara

Libre

44

44

***1747**

Piñeiro Barreiro, Ana

Libre

45

45

***6064**

Rodríguez Neira, Sandra

Libre

46

46

***8495**

Martínez Lorenzo, Luis

Libre

47

47

***6731**

Cajide Buján, Susana

Libre

48

48

***8213**

Eiras Pérez, Bárbara

Libre

49

49

***3218**

Domínguez Novoa, Alia

Libre

50

50

***0825**

Aboy Oubel, María

Libre

51

51

***2588**

Menéndez Michell, Lucía María

Libre

52

52

***7341**

Rama Regueiro, Lidia Dolores

Libre

53

53

***2062**

Castiñeiras García, Laura

Libre

54

54

***5241**

Medina Castro, María

Libre

55

55

***6114**

Rodríguez Sío, Beatriz

Libre

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgr.

Niv.

Formación

Observ.

1

PRC991000515001002

Psicólogo/a

PR

Equipo Técnico de Xurisdición Provincial de Menores da Provincia da Coruña. Sección de Menores da Fiscalía e Xulgado de Menores

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

26

 

 

2

PSC993010136001010

Psicólogo/a

PS

Oficina de Valoración de Dependencia e Discapacidades (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

22

 

 

3

PRC991001115001003

Psicólogo/a

PR

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial da Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

26

Experiencia/formación en psicoloxía forense (mérito)

 

4

PSC991000036560420

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

Xornada de tarde/itinerante

5

PSC050000015770184

Psicólogo/a

PS

D. X. de Maiores e Persoas con Discapacidade

Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela

A1

22

 

 

6

PSC991000036560428

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

Xornada de tarde/itinerante

7

PSC991000027001507

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

8

PSC991000032001503

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

 

 

9

PSC991000036560426

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

10

PRC991001136001002

Psicólogo/a

PR

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

26

Experiencia/formación en psicoloxía forense (mérito)

 

11

PSC991000032001496

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

12

PSC030000015770102

Psicólogo/a

PS

D. X. de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Santiago de Compostela

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

13

PSC991000032001494

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

14

PSC991000032001498

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

15

PSC991000036560435

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

16

PSC991000032001493

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

Xornada partida

17

PSC991000027001504

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

18

PSC030000015770104

Psicólogo/a

PS

D. X. de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Santiago de Compostela

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

19

PSC991000036560423

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

20

PSC991000015001531

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

21

PSC991000015001530

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

22

PSC994080115570011

Psicólogo/a

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos periféricos

Oleiros

A1

22

 

 

23

PSC991000015001547

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

22

 

 

24

PSC994090136440021

Psicólogo/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos periféricos

Redondela

A1

22

 

 

25

PSC993010315770008

Psicólogo/a

PS

Oficina de Valoración de Dependencia e Discapacidades (Santiago de Compostela)

Servizos periféricos

Santiago de Compostela

A1

22

 

 

26

PSC991000015001537

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

27

PRC991001136560003

Psicólogo/a

PR

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

26

Experiencia/formación en psicoloxía forense (mérito)

 

28

PSC991000015001545

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

22

 

 

29

PSC991000027001510

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A1

22

 

 

30

PSC991000036560438

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

 

 

31

PRV200030115770100

Psicólogo/a

EM

Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero

Secretaría Xeral de Igualdade

Santiago de Compostela

A1

22

Experiencia/formación en materia de violencia de xénero (mérito)

Horario especial

32

PSC991000027001500

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

33

PSC993010115350018

Psicólogo/a

PS

Oficina de Valoración de Dependencia e Discapacidades (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

A1

22

 

Itinerante

34

PRC991000527001001

Psicólogo/a

PR

Equipo Técnico de Xurisdición Provincial de Menores da Provincia de Lugo. Sección de Menores da Fiscalía e Xulgado de Menores

Servizos periféricos

Lugo

A1

26

 

 

35

PSC991000027001509

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A1

22

 

 

36

PSC991000032001490

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

Xornada de tarde/itinerante

37

PSC991000032001492

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

Xornada partida

38

PSC994090127560016

Psicólogo/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Sarria)

Servizos periféricos

Sarria

A1

22

 

 

39

PSC991000032001491

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

Xornada de tarde/itinerante

40

PSC991000032001502

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

 

 

41

PSC991000036560439

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

 

 

42

PSC991000032001501

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

 

 

43

PSC991000032001495

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

44

PSC994030136001003

Psicólogo/a

PS

Centro de Menores Avelino Montero

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

45

PSC993010115350017

Psicólogo/a

PS

Oficina de Valoración de Dependencia e Discapacidades (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

A1

22

 

 

46

PSC991000032001500

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

 

 

47

PSC993010136001011

Psicólogo/a

PS

Oficina de Valoración de Dependencia e Discapacidades (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

22

 

 

48

PSC050000015770177

Psicólogo/a

PS

D. X. de Maiores e Persoas con Discapacidade

Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela

A1

22

 

 

49

PSC991000036560436

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

 

50

PSC991000036560430

Psicólogo/a

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A1

22

Permiso conducir B (R.I.)

Xornada de tarde/itinerante

51

PRC991001115770003

Psicólogo/a

PR

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Santiago de Compostela

Servizos periféricos

Santiago de Compostela

A1

26

Experiencia/formación en psicoloxía forense (mérito)

 

52

PRC991001115001001

Psicólogo/a

PR

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial da Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

26

Experiencia/formación en psicoloxía forense (mérito)

 

53

PRC991000536001001

Psicólogo/a

PR

Equipo Técnico de Xurisdición Provincial de Menores da Provincia de Pontevedra. Sección de Menores da Fiscalía e Xulgado de Menores

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

26

 

 

54

PRC991000536001006

Psicólogo/a

PR

Equipo Técnico de Xurisdición Provincial de Menores da Provincia de Pontevedra. Sección de Menores da Fiscalía e Xulgado de Menores

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

26

 

 

55

PRC991000515001006

Psicólogo/a

PR

Equipo Técnico de Xurisdición Provincial de Menores da Provincia da Coruña. Sección de Menores da Fiscalía e Xulgado de Menores

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

26