Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 15 de marzo de 2023, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica a Resolución de arquivamento do 9 de febreiro de 2023 (expediente de reclamación 43/22).

Intentada a notificación do arquivamento ao DNI 05383565R, relativa a reclamación en materia de turismo (expediente de reclamación 43/22), non puido ser efectuada por causas non imputables á Administración. En consecuencia, e de conformidade co previsto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio comunícaselle á persoa interesada que, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo, na rolda da Muralla, número 71, do concello de Lugo, para o coñecemento do contido íntegro do acto notificado e constancia de tal coñecemento.

Lugo, 15 de marzo de 2023

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo