A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área do Servizo Galego de Saúde, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal efectuará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que as persoas aspirantes definitivamente seleccionadas disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.
De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), os acordos dos tribunais relativos á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021.
Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación das persoas aspirantes seleccionadas neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, de conformidade co número de prazas convocadas e a previsión contida na base 1.4.3 da resolución de convocatoria.
Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para presentar a seguinte documentación:
a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.
No caso dos/das nacionais doutro Estado, non estar inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.
b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da correspondente especialidade.
c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.
Esta autorización deberá prestarse no modelo que, para o efecto, consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe relativa a emprego público (www.sergas.es/emprego público).
d) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma especialidade a que opta.
De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 18 de xuño de 2021, os/as que dentro do prazo fixado non presenten a documentación, ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorran por falsidade na solicitude inicial.
Cuarto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
Quinto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da Resolución de convocatoria do proceso, do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño).
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
Facultativo/a especialista da Área de Cirurxía Oral e Maxilofacial
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Nota OPE |
Formación |
Experiencia |
Docencia, investigación e innovación sanitaria |
Total |
1 |
***4789** |
Chávez Bonilla, Vanessa |
LI |
54,375 |
10,610 |
14,800 |
2,217 |
82,002 |
2 |
***4818** |
Megias Barrera, Joaquim |
LI |
45,625 |
13,560 |
14,650 |
4,000 |
77,835 |
3 |
***6953** |
Arenaz Bua, Jorge |
LI |
52,625 |
5,490 |
15,240 |
4,000 |
77,355 |
Facultativo/a especialista da Área de Cirurxía Pediátrica
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Nota OPE |
Formación |
Experiencia |
Docencia, investigación e innovación sanitaria |
Total |
1 |
***3072** |
García González, Miriam |
LI |
54,500 |
14,000 |
22,000 |
4,000 |
94,500 |
2 |
***6239** |
García Palacios, María |
LI |
53,375 |
13,630 |
22,000 |
4,000 |
93,005 |
3 |
***3704** |
Lema Carril, Ana |
LI |
53,875 |
8,141 |
22,000 |
4,000 |
88,016 |
4 |
***0295** |
Aneiros Castro, Belén |
LI |
53,750 |
13,600 |
10,000 |
4,000 |
81,350 |
5 |
***5320** |
Rodríguez Iglesias, Patricia |
LI |
54,500 |
10,700 |
10,200 |
4,000 |
79,400 |
Facultativo/a especialista da Área de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Nota OPE |
Formación |
Experiencia |
Docencia, investigación e innovación sanitaria |
Total |
1 |
***4259** |
Couto González, Iván |
LI |
58,250 |
11,570 |
22,000 |
4,000 |
95,820 |
2 |
***4104** |
Pacheco Compaña, Francisco Javier |
LI |
58,125 |
13,730 |
17,600 |
4,000 |
93,455 |
3 |
***5938** |
Gago Vidal, Bruno |
LI |
56,375 |
11,600 |
22,000 |
2,925 |
92,900 |
4 |
***7629** |
González Rodríguez, Alba |
LI |
59,375 |
10,780 |
12,000 |
4,000 |
86,155 |
5 |
***7636** |
González Porto, Sara Alicia |
LI |
55,625 |
13,890 |
3,570 |
3,616 |
76,701 |
Facultativo/a especialista da Área de Inmunoloxía
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Nota OPE |
Formación |
Experiencia |
Docencia, investigación e innovación sanitaria |
Total |
1 |
***9392** |
Abad Alastruey, María Luisa |
LI |
43,000 |
6,580 |
22,000 |
4,000 |
75,580 |
2 |
***2842** |
Mirete Bachiller, Serafín |
LI |
34,375 |
11,660 |
22,000 |
3,000 |
71,035 |
Facultativo/a especialista da Área de Oncoloxía Radioterápica
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Nota OPE |
Formación |
Experiencia |
Docencia, investigación e innovación sanitaria |
Total |
1 |
***0702** |
Taboada Valladares, María Begoña |
LI |
56,125 |
10,570 |
18,800 |
4,000 |
89,495 |
2 |
***8314** |
Willisch Santamaría, Patricia |
LI |
51,250 |
11,550 |
22,000 |
3,750 |
88,550 |
3 |
***1227** |
Ramírez Vargas, Rubén Darío |
LI |
55,000 |
10,500 |
22,000 |
0,500 |
88,000 |
4 |
***4742** |
Rodríguez de Dios, Nuria |
LI |
51,250 |
10,603 |
22,000 |
4,000 |
87,853 |
5 |
***2754** |
Martínez Agra, Marta |
LI |
51,750 |
11,570 |
22,000 |
1,101 |
86,421 |
6 |
***4949** |
Formoso García, Inés |
LI |
55,125 |
10,550 |
16,600 |
1,400 |
83,675 |
Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre; PI: promoción interna.
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, segundo a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.