Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20160

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de persoal empregado investigador no marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal.

Mediante a Resolución reitoral do 7 de decembro de 2022 (DOG do 21 de decembro de 2022 e BOE do 6 de febreiro de 2023) convócanse probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de persoal empregado investigador do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web http://imaisd.usc.es/seccion.asp?i=gl&s=-2-26-128-364

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RRHH_INV_EmendaEstabilExtr.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear as persoas que a seguir se relacionan membros titulares e suplentes do tribunal cualificador do proceso selectivo:

– Tribunal titular.

Presidenta: Laura Elena Sánchez Piñón, catedrática de universidade da USC.

Vogais:

Carlos Diéguez González, catedrático de universidade da USC.

Pablo Ramil Rego, profesor titular de universidade da USC.

Alberto José Bugarín Diz, catedrático de universidade da USC.

Secretaria: María Pilar Martínez García, persoal directivo profesional da USC, vicexerenta xeral técnica.

– Tribunal suplente.

Presidente: Paulino Martínez Portela, catedrático de universidade da USC.

Vogais:

David Miranda Barros, profesor titular de universidade da USC.

Dolores Cortina Gil, catedrática de universidade da USC.

Carmen Isabel Álvarez Lorenzo, catedrática de universidade da USC.

Secretaria: Emilio Martínez Rivas, persoal directivo profesional da USC, director da Área de Promoción e Estratexia Científica.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela