Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou a través das persoas que as representen, para seren notificadas dos actos administrativos de emenda das solicitudes que se indican.
Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, núms. 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para compareceren.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, nos actos que se notifican outórgaselles ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, para enmendaren as súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realice a emenda, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude, e procederase ao arquivamento do expediente, logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
A Coruña, 23 de xaneiro de 2023
María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS210A
Número expediente |
DNI |
Contido do acto |
Data documento |
CO-0000011433 |
32764055A |
Requirimento da emenda da solicitude |
27.12.2021 |
CO-0000035168 |
32601366Q |
Requirimento da emenda da solicitude |
10.11.2022 |
FE-0000054796 |
32738382K |
Requirimento da emenda da solicitude |
14.11.2022 |
CO-0000055167 |
32106728Q |
Requirimento da emenda da solicitude |
14.11.2022 |
CO-0000067812 |
32318835V |
Requirimento da emenda da solicitude |
10.11.2022 |
FE-0000075467 |
32458201A |
Requirimento da emenda da solicitude |
14.11.2022 |
FE-0000086796 |
32595046K |
Requirimento da emenda da solicitude |
25.11.2022 |
CO-0000107859 |
32311018C |
Requirimento da emenda da solicitude |
8.11.2022 |
CO-0000109528 |
46909228S |
Requirimento da emenda da solicitude |
30.11.2022 |
FE-0000110038 |
32586162S |
Requirimento da emenda da solicitude |
8.11.2022 |
CO-0000117936 |
76471561B |
Requirimento da emenda da solicitude |
28.12.2022 |