Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada co número de rexistro 2006/0362_NAA/IPPC_105, outorgada a Extrusionados Galicia, S.A. e Extrugasa Transformación, S.A. para o complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio situado no concello de Valga (Pontevedra) (expediente 2022-IPPC-M-141).

Para os efectos previstos no artigo 29.1 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), faise público que, por espazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedan expostos o estudo de impacto ambiental e a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada do complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio presentada por Extrusionados Galicia, S.A., para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proyectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Categoría principal da actividade: 2.6 (instalacións para o tratamento de superficies de metais e materiais plásticos por procedemento electrolítico ou químico, cando o volume das cubetas ou das liñas completas destinadas ao tratamento empregadas sexa superior a 30 m³).

Titular: Extrusionados Galicia, S.A. e Extrugasa Transformación, S.A.

NIF: A15041916 e A36451797.

Domicilio social: rúa Nova Campaña, s/n, 36645 Valga (Pontevedra).

Enderezo da instalación: rúa Nova Campaña, s/n, 36645 Valga (Pontevedra).

Actividade principal: encádrase no sector do aluminio; as súas actividades principais son o extrusionado, o lacado e o anodizado de perfís de aluminio.

Descrición da modificación: execución dunha planta de fundición de chatarra de aluminio, co obxecto de recuperar/valorizar chatarra de aluminio para a produción de barrote de aluminio secundario, que será reintroducido no proceso de extrusión como materia prima.

Verteduras: a nova planta de fundición non xerará verteduras de augas residuais industriais. As augas pluviais da nova nave conduciranse á rede de recollida de pluviais existente no complexo, con destino final o regato Puntó (bacía do río Ulla). As augas sanitarias serán conectadas á rede de saneamento municipal.