Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2023 Páx. 19961

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2023 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, en virtude de probas selectivas pola quenda de acceso libre.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución reitoral do 24 de novembro de 2021 (DOG do 10 de decembro), para ingreso na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola quenda de acceso libre, e comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

resolvo:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, da USC, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que se relacionan no anexo desta resolución, e adxudicarlles como destinos os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da USC

Nº de orde

DNI

Apelidos e
nome

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Subgrupo

Nivel

Quenda

Campus

Observacións

1

***6696**

Cabezal Gómez, María Lucía

PF000458

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo.

Xerencia

C1

17

Tarde

Santiago de Compostela

2

***0004**

Gómez Serrapio, Cristina Isabel

PF000395

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo.

Negociados Biblioteca Xeral

C1

17

Tarde

Santiago de Compostela

3

***0836**

Pérez Santos, Raquel

PF000499

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo.

Biblioteca Universitaria Concepción Arenal

C1

17

Tarde

Santiago de Compostela

4

***6975**

Rey Tiago, Francisco Javier

PF000943

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo.

Xerencia

C1

17

Tarde

Santiago de Compostela

5

***9007**

Troncoso Pereira, Óscar

PF000514

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo.

Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

C1

17

Tempo completo

Lugo

Sábados, domingos e festivos, das 10.00 ás 19.30 horas

6

***8693**

López Neira, Pedro

PF000435

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo.

Biblioteca Facultade Psicoloxía/ Facultade Ciencias da Educación

C1

17

Tarde

Santiago de Compostela

7

***3379**

Villar Lemos, Cristina

PF000471

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo.

Biblioteca Facultade de Xeografía e Historia/Facultade de Filosofía

C1

17

Tarde

Santiago de Compostela

8

***1623**

Paz Abelleira, Lorena

PF000485

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo.

Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

C1

17

Tarde

Lugo

9

***5682**

Botana Meijide, María Begoña

PF000491

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo.

Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

C1

17

Tarde

Lugo

10

***2020**

Galdo Leonardo, Juan

PF000495

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo.

Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

C1

17

Tarde

Lugo