Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2023 Páx. 19747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2022/300-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto de adecuación CT Serode-27C008 (Pantón), segundo se sinala no cadro anexo.

Ademais, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/panton

Lugo, 8 de marzo de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/300-2.

Denominación: adecuación CT Serode-27C008 (Pantón).

Concello: Pantón.

Declaración de utilidade pública.

Referencia catastral

Propietario

Apoio

Nº predio

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

m2

1

54

129

Balado

Prado

Hdros. de Josefina Ramona López Mosquera e Ofelia López Mosquera

75-1-13

2.0