Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2023 Páx. 19695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 28 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2022/333-1).

Expediente: IN407A 2022/333-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT lugar de Porzomillos.

Termo municipal: Oza-Cesuras.

1. Características técnicas:

– Centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 15064A506002470000SX sita no lugar do Caseiro, Porzomillos (concello de Oza-Cesuras).

– Modificación, respectando o seu actual emprazamento, do apoio nº D23-A-25 (matrícula APJ7DXFW) de formigón tipo HV-250/11 pertencente á arquitectura da LMT aérea BEG-707 (expediente 27.066) emprazado entre o CT Graña (expediente IN407A 2008/466-1/matrícula 15A771) e a LMT derivada ao CT Calzada (expediente 52.564/matrícula 15AEE0), consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e de elementos de seccionamento tipo XS.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 255 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 × 150 mm² Al), coa orixe paso aéreo-soterrado (PA/S) anterior e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Reordenación da rede de baixa tensión alimentada actualmente desde o CT Calzada (expediente 52.564/matrícula 15AEE0), que resultará descargado, mediante a instalación de dous (2) circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), de 40 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1 × 240 mm² Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios de formigón nos cales se conectará coa rede aérea de baixa tensión existente, e na desmontaxe de 459 metros de condutor tipo RZ 3(1 × 50/54,6 mm² Al/Alm), 240 metros de condutor tipo RZ 2(1 × 25 mm² Al) e 144 metros de condutor tipo 3(1 × 25/54,6 mm² Al/Alm) que serán substituídos co tendido de 842 metros de lonxitude en condutores tipo RZ 3(1 × 150/80 mm² Al/Alm) e RZ 3(1 × 95/54,6 mm² Al/Alm), incluíndo a implantación de novos treitos de rede. Estas actuacións na rede de baixa tensión implicarán a instalación de once (11) novos apoios de formigón.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 28 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT lugar de Porzomillos

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Oza-Cesuras

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Herdeiros de

Jesús María Vázquez e titular descoñecido

Polígono 506, parcela 247

Lugar do Caseiro

CT e acceso

16,81

Rústico agrario. Labor ou labradío secaño