Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 24 de febreiro de 2023, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que se describe:
Identificación e localización: parcela número 646 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 74,11 m2.
Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).
Remate da vixencia: 12.7.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actual titular: María del Carmen Núñez García (***3041**).
Nova titular: María Herminda Porto Falcón (***4589**).
A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 27 de febreiro de 2023
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo