De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica dun telecontrol no apoio 9TJ8VGTV//1-16-B4 da LMTA CII818 (expediente IN407A 2023/040-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer, en persoa ou debidamente representada, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 7 de marzo de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2023/040-4.
Denominación: instalación de telecontrol no apoio 9TJ8VGTV//1-16-B4 da LMTA CII818.
Concello: Cangas.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio (m2) |
|
1 |
A Carriza |
Rústico |
36008A044004100000JU |
Descoñecido/a |
nº 1 |
2,00 |