Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2023 Páx. 19421

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 15 de marzo de 2023 pola que se publican os premios á excelencia académica para estudantado que inicia estudos de doutoramento nesta universidade no curso académico 2022/23.

BDNS (Identif.): 681931.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que está matriculado por primeira vez en estudos oficiais de doutoramento no curso académico 2022/23.

Segundo. Obxecto

Os premios teñen por obxecto atender de maneira especial o novo alumnado da Universidade de Vigo que está a realizar no curso académico 2022/23 estudos oficiais de doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución pola que se convocan premios á excelencia académica para estudantado que inicia estudos de doutoramento na Universidade de Vigo no curso académico 2022/23.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas é de doce mil euros (12.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é desde o 16 de marzo ata o 19 de abril de 2023.

Vigo, 15 de marzo de 2023

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 22.6.2022; DOG do 6 de xullo)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade