De conformidade coa proposta elevada pola Comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 2 de decembro de 2022 (BOE do 12 de decembro), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.
Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.
Os citados nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2023
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Nº |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código da praza |
8C/23 |
Avelino |
Núñez Delgado |
***0410** |
Catedrático/a de universidade |
Edafoloxía e Química Agrícola |
Edafoloxía e Química Agrícola |
Lugo |
A00685 |
9C/23 |
Francisco Santiago |
Argüello Pedreira |
***4346** |
Catedrático/a de universidade |
Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores |
Electrónica e Computación |
Santiago de Compostela |
A00686 |
10C/23 |
David Enrique |
Losada Carril |
***9702** |
Catedrático/a de universidade |
Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial |
Electrónica e Computación |
Santiago de Compostela |
A00687 |
11C/23 |
Pablo |
García Tahoces |
***6639** |
Catedrático/a de universidade |
Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial |
Electrónica e Computación |
Santiago de Compostela |
A00688 |
14C/23 |
José María |
Alonso Meijide |
***1837** |
Catedrático/a de universidade |
Estatística e Investigación Operativa |
Estatística, Análise Matemática e Optimización |
Lugo |
A00691 |
23C/23 |
María Teresa |
Flores Arias |
***9977** |
Catedrático/a de universidade |
Óptica |
Física Aplicada |
Santiago de Compostela |
A00700 |
29C/23 |
Celia María |
Pombo Ramos |
***7108** |
Catedrático/a de universidade |
Fisioloxía |
Fisioloxía |
Santiago de Compostela |
A00706 |
34C/23 |
Beatriz |
Magariños Ferro |
***5631** |
Catedrático/a de universidade |
Microbioloxía |
Microbioloxía e Parasitoloxía |
Santiago de Compostela |
A00711 |
38C/23 |
María Teresa |
Carrillo de la Peña |
***7303** |
Catedrático/a de universidade |
Psicobioloxía |
Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía |
Santiago de Compostela |
A00715 |
39C/23 |
Francisco |
Caamaño Isorna |
***8116** |
Catedrático/a de universidade |
Medicina Preventiva e Saúde Pública |
Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina |
Santiago de Compostela |
A00716 |
50C/23 |
Carlos |
Ferrás Sexto |
***6945** |
Catedrático/a de universidade |
Xeografía Humana |
Xeografía |
Santiago de Compostela |
A00727 |