Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2023 Páx. 19513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do Plan especial de ordenación do núcleo rural da Pedra do Sal e de protección do seu contorno, no concello de Carballo (expediente 2018AAE2255).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise pública a Resolución do 6 de marzo de 2023 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, sobre o Plan especial de ordenación do núcleo rural da Pedra do Sal e de protección do seu contorno, no concello de Carballo.

Esta declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2133/2018.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático